trosma

11.5.06

Composición de lugar


Este xoves Manuel Martín Ferrand, no diario ABC, deixa caer que a operación contra as empresas filatélicas acusadas de fraude pode ser unha "cortina de fume" por parte de Moncloa para desviar a atención doutros temas. Mais sería ben estraño: Rodríguez Zapatero tiña para o mércores unha primeira páxina inmellorable cun acordo deses que chaman "históricos", acadado entre o Goberno que preside, os sindicatos CCOO e UGT, e as patronais CEOE e CEPYME. A presunta estafa das dúas sociedades de investimento estragou a que tiña que ser a foto do día. Malia todo, nótese o esforzo que fixeron no diario de referencia para que o pacto entre os axentes sociais non perdese protagonismo nunha moi curiosa e vertical composición de portada. Como sempre, e se o desexan, cliquen na foto.

3 Comments:

At 5/12/2006 5:04 p. m., Blogger David said...

Certo. Aínda que o primeiro que salta á vista, sinto dicilo, é o de Ron Barceló. Cousas de cores.

 
At 5/12/2006 6:03 p. m., Blogger avanti said...

Muy buen post. Digno de mayor desarrollo. No obstante, con lo que hay es suficiente para buen entendedor.

 
At 5/13/2006 10:56 p. m., Anonymous r.ramos said...

RODRIGUEZ en el blog de MOURULLO....

 

Publicar un comentario

<< Home