trosma

23.4.06

O amigo estremeño

5 Comments:

At 4/24/2006 1:34 p. m., Anonymous F. Miguez said...

Os dous últimos párrafos, así, sin saber de que vai o choio, parece unha argumentación lóxica; agora, os dous primeiros podíanos meter... Non sei si o nacionalismo e a esquerda serán ben ou mal compatibles, pero cando os nacionalistas están ahí, será porque alguén os puxo, e non hai listo ningún autorizado a pasar por enriba de iso.

 
At 4/24/2006 11:14 p. m., Blogger mourullo said...

Que xeneroso é vostede, señor Míguez! ;-) Sorprende que o Goberno que preside un licenciado en Filoloxía como o señor Rodríguez Ibarra vexa idéntica relación entre o francés e o romanés, linguas románicas de áreas diferentes, que entre o galego e a fala, despois de admitir que estas últimas proceden "del tronco común del galaico portugués".

Aínda que parece máis preocupante (polo menos como os insultos) que a Junta estremeña non teña moi claro quen forma parte do Goberno galego. Pois cando di que "confía plenamente en que la Xunta de Galicia desoirá los torpes cantos de sirena de estos aprendices de brujo con los que les ha tocado gobernar esa tierra hermana", parece evidente que quere decir que "confía plenamente en que el Partido Socialista de Galicia desoirá los torpes cantos de sirena de estos aprendices de brujo con los que les ha tocado gobernar esa tierra hermana". Ou sexa que para o Goberno estremeño a Xunta de Galicia é igual a PSdeG-PSOE.

Hoxe, nun novo comunicado, a Junta ten moi claro "que la polémica de estos días ha sido con el BNG, por una propuesta pública de este partido, y en ningún caso con la Xunta de Galicia, como parece querer hacer creer el sr. Quintana al responder desde su posición institucional, intentando convertir una crítica a su partido con una polémica con Galicia". Ou sexa, agora o PSdeG-PSOE é igual a Xunta que é igual a Galicia. Parece todo un exemplo de patrimonialización moi pero que moi nacionalista. Vaia agasallo do amigo estremeño!

 
At 4/25/2006 2:06 a. m., Anonymous F. Miguez said...

É curioso. Agora que o lembro, comentábamos entre uns amigos que, ascendido Paco Vazquez ós ceos e prexubilado Xosé Bono, voltárase notable o silencio de Rodriguez Ibarra, quizáis poñendo en práctica aquilo de "cuando las barbas de tu vecino veas pelar..." Pero nón, o señor "bellota" sigue erre que erre, cumplindo aquilo de "Some people never learn." Quizáis alguén lle debería explicar que os ideais incompatibles son "socialismo" e "intransixencia", pero bueno, breve futuro se lle pode augurar nos tempos que corren, si sigue así.

 
At 4/25/2006 11:46 p. m., Blogger mourullo said...

Que sintonía, señor Míguez! Mire nos comentarios...

 
At 4/26/2006 12:58 a. m., Anonymous F. Miguez said...

:S Menos mal que non ten licencia creative commons dos comentarios, porque... O peor, é que, seguro de ter lido aquel post na de SiHomeSi, non lembro si lin os comentarios ou non; vamos, que ben pudo ser unha coincidencia astral, ou ben pudo ser unha influencia subliminal súa.

 

Publicar un comentario

<< Home